|
¿Qué é unha convención do xénero fantástico?
Trátase dunha xuntanza á que asisten tanto aficionados como escritores e editores, e que enriquece culturalmente tanto a uns como a outros. Durante unha convención, o xénero fantástico convértese en protagonista e tódolos actos xiran arredor da fantasía e a ciencia-ficción. Mesas redondas, conferencias e películas centran a atención dos asistentes, que poden contrastar as súas diferentes perspectivas da cultura do xénero.
Os ingredientes habituais nunha convención do xénero fantástico son os seguintes:
- Actos públicos en forma de mesas redondas ou conferencias/coloquio.
- Pase de audiovisuais do xénero en cine ou vídeo.
- Exposicións de material do xénero.
- Postos de información e venda adicados o xénero, tanto de asociacións coma de librerías.
- Un xornal da convención, no que se anticiparían os principais acontecementos de cada día.
- Unha cea de gala na cal se entregan os premios anuais do xénero.
As convenciones duran arredor de tres días, ocupando unha fin de semana.
|