|
¿Qué é a HispaCon? A HispaCon é a principal convención española do xénero fantástico. Celébrase desde 1.969, e no ano 2.005 ten lugar a súa vixésimo terceira edición. A súa sede é itinerante, pasando por cidades como Barcelona, Madrid, Granada, Cádiz, Xixón, Burjassot, Mataró, Santiago de Compostela, Zaragoza ou Xetafe. Por estas xuntanzas pasaron as principais figuras do xénero en España e tamén grandes estrelas do panorama internacional, como Orson Scott Card, Joe Haldeman, Robert Sheckley, Lois McMaster Bujold, David Pringle, Charles Brown ou moitos outros. Para maior información, consultar o sitio web da Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror (AEFCFT), www.aefcft.com ou o sitio web da HispaCon, www.hispacon.tk.
|