|
INFORME DE PROGRESOS XUÑO E XULLO 2.004
RECUPERACIÓN DA EXPERIENCIA PREVIA DA CANDIDATURA 2.004. A comisión organizadora do proxecto IberCon 2.005 parte da base aportada pola experiencia adquirida durante a preparación da candidatura do 2.004. Por iso, o punto de partida foi voltar a contar coas mesmas entidades que apoiaron aquel proxecto.
ASOCIACIÓNS AFINS. Contactóuse coas asociacións afins Asociación Gallega de Ciencia-Ficción (AGASF) e Novos Segreis, organizadoras da HispaCon 1.999 e das xornadas Ponteficción respeitivamente, e entidades que no seu día apoiaron a candidatura do 2.004. O proxecto recibíuse con toda a boa disposición que cabía esperar en asociacións que comparten os mesmos fins. Novos Segreis recomendóu o proxecto e a AGASF podería axudar a presentar o proxecto IberCon perante a Xunta de Galicia. O Colectivo Nemo propuxo que ambas entidades se convirtan en "Entidades colaboradoras" do proxecto IberCon.
CINE-CLUBES. Mantívose un primeiro contacto cos cine-clubes de Pontevedra e Lumière de Vigo para presentar o proxecto.
ENTIDADES PRIVADAS. Presentóuse o proxecto a tres entidades privadas a fin de recabar o seu apoio e/ou recomendación.
ENTIDADES PÚBLICAS. Presentóuse o proxecto a tres entidades públicas a fin de recabar o seu apoio e/ou recomendación: o Instituto Cervantes, o Instituto Camôes e o Departamento de Portugués da Escola Oficial de Idiomas en Vigo. Mantívose unha primeira entrevista coa directora do Instituto Camôes en Vigo, e o Departamento de Portugués da Escola Oficial de Idiomas recomendóu o proxecto.
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. Presentóuse o proxecto ante catro administracións públicas: Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, Comisión de Cultura da Diputación Provincial de Pontevedra, Concellería de Cultura do Concello de Vigo e Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra. Celebróuse unha primeira entrevista co Diputado-Presidente da Comisión de Cultura da Diputación Provincial de Pontevedra, que reiteróu o apoio que esta administración otorgóu no seu día á candidatura 2.004.
|