Logo I IberCon
¿Qué é a IberCon?
¿Cómo inscribirse?
¿Qué é o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción?
¿Qué é unha convención do xénero fantástico?
¿Qué é a HispaCon?
¿Qué son os Encontros?
¿Porqué Galicia?
¿Onde se celebra a I IberCon?
¿Onde aloxarse?
¿Quen son os membros do equipo organizador?
¿Quen son os invitados de honra?
¿Cal é o programa de actos?
Concurso Domingo Santos 2.005 (Español)
I Informe de progresos
II Informe de progresos
III Informe de progresos
IV Informe de progresos
Selección de lingua

INFORME DE PROGRESOS 26 OUTUBRO 2.004

     COLABORACIÓN.  A Asociación Gallega de Ciencia-Ficción (AGASF) e Novos Segreis, organizadoras da HispaCon 1.999 e das xornadas Ponteficción respeitivamente, convírtense en Entidades colaboradoras do proxecto IberCon.  Os cine-clubes Pontevedra e Lumière de Vigo están dispostos a colaborar co proxecto.  A Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción y Terror (AEFCFT) e Simetria – Associação Portuguesa de Ficção Científica e Fantástico, colaboran facilitando documentación.

     UBICACIÓN.  Os mellores centros culturais da provincia de Pontevedra están á disposición do proxecto.  Tanto en Vigo como en Pontevedra, o proxecto ten a súa disposición centros culturais idóneos.

     ORZAMENTO.  O proxecto Ibercon preséntase ante catro administracións puacute;blicas, das cales du´as interesánse no proxecto.  Póñense á disposición do proxecto recursos importantes, incluindo un dos centros culturais citados, pero non se produce ninguacute;n compromiso monetario ata hoxe.  As conversas están actualmente en punto morto, esperando unha nova oferta das administracións puacute;blicas.

     SITUACIÓN ACTUAL  Por razóns de organización, a data límite para concreta-la organización do proxecto IberCon é o 29 de Octubre de 2.004.

     Asumi-la organización do proxecto sen ninguacute;n compromiso das administracións puacute;blicas significaría depender no económico exclusivamente de subvencións, patrocinios e venda de entradas.  Isto significaría un risco económico, porque o proxecto conta con gastos imprescindibles como a tradución simultánea.

     CONSIDERACIÓNS DA ORGANIZACIÓN.  O Colectivo Nemo respeita as decisións que das administracións puacute;blicas, que son as uacute;nicas lexítimas administradoras do diñeiro do cidadán.

     Dentro deste respeito, o Colectivo Nemo considera que o proxecto de realizar na provincia de Pontevedra un acontecimento cultural de tanta importancia atópase dificultado por prexuizos nas administracións puacute;blicas contra o xénero fantástico, como se os centos de asistentes non contaran ou os miles de euros que a cidade ingresaría non foran auténticos.

     O Colectivo Nemo considera co risco económico de organiza-lo proxecto é inasumible para unha asociación sen ánimo de lucro como o Colectivo Nemo, que promove o proxecto de xeito totalmente desinteresado.

     Por todo elo, se non hai cambios antes do próximo 29 de Outubro, o proxecto IberCon sería cancelado.

     ENGADIDO ÚLTIMA HORA.  O equipo do proxecto IberCon, en reunión do 28 de Octubre de 2.004, decide non cancelar o proxecto e apraza-la decisión.