|
INFORME DE PROGRESOS 13 XANEIRO 2.005
Por
fin se aprobóu a candidatura de Vigo por parte da Asociación
Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror
(AEFCFT) e de Simetría (Associação Portuguesa de
Ficção Científica e Fantástico) para que
o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción organice
a IberCon.
Como
dato importante dos progresos, pódese destacar que CaixaNova
concedeu que a IberCon se celebre na súa instalación, e
que será nas datas 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro
do 2005. O CaixaNova é o centro cultural de máis
solera e prestixio de Vigo, situado no mesmo centro da cidade. No
auditorio CaixaNova deron conferencias tanto Zapatero como Rajoy, e
na sala de conferencias falóu xente de tanto prestixio como o
presidente da Audiencia Nacional e o famoso economista Manuel
Castells. Temos que pensar que é dificíl atopar unha
figura do mundo da cultura que non pasara polo Caixanova.
Por
tanto, Vigo contará cun marco inigualable para a celebración
dunha IberCón que vai marcar historia porque suporá a
unión da HispaCon cos Encontros portugueses. Algo que dará
moito que falar nos vindeiros meses.
O
Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción quere
recoñecer que a posibilidade de organiza-la IberCon na cidade
de Pontevedra coa colaboración de entidades como o Pazo da
Cultura ou o Cine-Clube Pontevedra era tan boa coma a posibilidade da
cidade de Vigo que finalmente foi escollida.
|