|
INFORME DE PROGRESOS 7 MAIO 2.005
UBICACIÓN NA INTERREDE: A I IberCon conta con enderezos novos na Interrede. A partir de agora o seu sitio localízase no dominio www.ibercon.org. O dominio inicial, www.ibercon.tk, que presenta a única diferencia de contar con publicidade, continuará funcionando indefinidamente. O novo enderezo de correo electrónico é ibercon@ibercon.org, que sustitúe ó enderezo antigo, ibercon@ibercon.aura2000.com, que será cancelado próximamente.
UBICACIÓN
GEOGRÁFICA: A I IberCon se celébrase no Centro
Cultural CaixaNova, situado na rúa Policarpo Sanz, no mesmo
centro da cidade de Vigo, a menos cen metros da Porta do Sol. Dentro
das instalacións do Centro Cultural, a IberCon celébrase
en varias salas. As maiores son o auditorio, con 480 asientos, e a
sala de conferencias, con 180 asientos. No sitio da I IberCon
achanse expostas fotografías destas instalacións.
CARTAZ: Xa está
terminado o cartaz da I IberCon, creado polo deseñador Vicente
Agulló. O motivo central do cartaz é unha ponte, unión da ponte 25 de Abril sobre a desembocadura do Texo e da ponte de
Rande sobre a ría de Vigo. O cartaz está exposto no
sitio da IberCon.
COLABORACIÓN: O
Cine-clube Lumière e a Agrupación Astronómica
Rías Baixas convírtense en entidades colaboradoras da I
IberCon. Xunto cas entidades colaboradoras Asociación Gallega
de Ciencia-Ficción (AGASF) e Asociación Cultural e
Xuvenil Novos Segreis, e as asociacións nacionais Asociación
Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror
(AEFCFT) e Simetria, Asociación Portuguesa de Ficción
Científica y Fantástico, suman actualmente seis
entidades que participan na I IberCon.
PRIMEIRA INVITADA DE
HONRA: Confírmase a primeira invitada de honra da IberCon,
Laura Gallego. A presencia desta invitada está patrocinada
pola Asociación Española de Fantasía,
Ciencia-Ficción e Terror (AEFCFT). No sitio da IberCon
publícase unha semblanza detallada da autora e da súa
obra, de onde pódense destacar feitos como os seguintes:
Laura Gallego é autora duhna obra en constante crecimento, con dous ou tres títulos novos por ano. As súas dezasete obras publicadas ata a data totalizan veintenas de edicións publicadas e centos de miles de exemplares vendidos, traducíndose a media ducia de idiomas. A súa obra encúadrase en múltiples xéneros, desde a ciencia-ficción con tintes ciberpunk ata o terror e o misterio histórico, pero sobre todo na fantasía. Gañadora do premio "Barco de Vapor" nos anos 1.998 e 2.002 coas novelas "Finis Mundi" e "La leyenda del rey errante", cecais a súa obra máis destacada sexa "La resistencia", primeira
entrega da triloxía "Memorias de Idhún". "Tríada", a esperada segunda entrega desta triloxía,
ten a súa publicación prevista para o outono de 2.005,
en datas próximas ás da I IberCon. O sitio de Laura Gallego na Interrede ubícase en www.lauragallego.com.
CREACIÓN DO FORO IBERIA FANTÁSTICA: Creóuse no portal Yahoo! Groups o foro Iberia Fantástica. Defínese como "Punto de encontro da Fantasía e Ciencia-Ficción en galego, español e portugués", e está abierto a tódolos afeizoados que se expresen en calquer das tres linguas. Ademáis de ser un punto de contacto para os afeizoados, durante os próximos meses o foro tambén será unha canle de comunicación onde acumular
información e ideas para preparar a I IberCon. O seu enderezo
na Interrede é: groups.yahoo.com/group/iberiafantastica.
CONVOCATORIA DO CONCURSO
DOMINGO SANTOS: O Concurso de relatos en español Domingo
Santos cónvocase anualmente desde 1.992 pola organización
de cada HispaCon. O Colectivo Nemo de Fantasía e
Ciencia-Ficción convocóu o pasado 2 de Mayo a edición
de 2.005 deste concurso, co patrocinio da AEFCFT, que aporta un
premio por importe de 1.000 €. As bases están
dispoñibles no sitio da IberCon, tanto en formato HTML como
PDF.
PRÓXIMOS INFORMES: O Colectivo Nemo está preparando unha guía de viaxe para chegar a Vigo e unha guía de aloxamentos. Unha vez que estén terminadas, a súa publicación no sitio da IberCon anunciarase nun próximo informe de progresos. Asimismo, prevese anunciar un primeiro avance do programa de actos nun informe de progresos a primeiros de Xullo.
OFERTA DE ALOXAMENTO: O Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción negocióu unha oferta de aloxamento especial para os visitantes da IberCon. Trátase dunha oferta que permite dispoñer de aloxamento en hotel de catro estrelas por un precio case de dúas estrelas. Trátase, ademáis, do hotel de catro estrelas máis próximo ó Centro Cultural Caixanova, a somente 400 metros, circunstancia que o convirte no aloxamento idóneo para os asistentes á IberCon; e sobre todo, é un dos
hoteis máis emblemáticos de Vigo, se non o que máis.
Servicios de hotel:
- Cafetería
- Cafetería
- Parking cerca
- Fotocopias
- Tiendas
- Prensa
- Servicio de fax
- Wi-Fi
- Accesible a minusválidos
Réxime: Aloxamento
e desayuno con buffet.

Vestíbulo do hotel

Cafetería do hotel
Servicios habitacións:
- TV color con mando a
distancia e canles por satélite, incluindo canles de pago por
visión
- Calefacción
- Internet
- Caixa forte
- Cuarto de baño
con secador e bañeira con hidromasaxe
- Servicio de habitacións
- Teléfono direito
- Mini bar

Habitación doble

Habitación dobre

Suite tipo Junior

Cuarto de baño
| Prezos por día: (I.V.E. incluído): |
| Habitación individual: |
63,95 € |
| Habitación dobre: |
71,06 € (35,53 € por persoa) |
| Habitación triple: |
100,48 € (33,50 € por persoa) |
ENQUISA: A confirmación da oferta de aloxamiento especial co hotel depende da previsión de visitantes e do pago de reservas por adiantado. Por este motivo, é imprescindible que todo o que prevea asistir á I IberCon, e aloxarse mediante a oferta especial, participe nesta enquisa. A enquisa non compromete a nada e é anónima, non se ten en conta quen a envía. A enquisa pode realizarse individualmente, o por grupo, ata o vindeiro día 18 de Maio inclusive.
A IberCon celébrase desde a tarde do 28 de Outubro ata o mediodía do 1 de Novembro, e as preguntas da enquisa se refiren a cada día individualmente. As preguntas son tres:
- ¿Qué habitación ou habitaciones ocuparía/n vostede/s?
- ¿Estaría/n vostede/s disposto/s a adiantar unha reserva do 20% antes do 15 de Xuño?
- ¿Estaría/n vostede/s disposto/s a adiantar unha reserva do 50% antes do 15 de Xuño?
| Exemplo de enquisa: |
| 28 Outubro: |
1 habitación individual (reserva do 50%) |
| 29 Outubro: |
1 habitación individual (reserva do 50%) e 1 dobre (reserva do 20%) |
| 30 Outubro: |
1 habitación individual (reserva do 50%), 1 dobre (reserva do 20%) e 1 triple (non estaría disposto a pagar reserva) |
| 31 Outubro: |
Ninguna habitación |
A enquisa envíase
por correo electrónico ó enderezo contacto@ibercon.org.
|