Logo I IberCon
¿Qué é a IberCon?
¿Cómo inscribirse?
¿Qué é o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción?
¿Qué é unha convención do xénero fantástico?
¿Qué é a HispaCon?
¿Qué son os Encontros?
¿Porqué Galicia?
¿Onde se celebra a I IberCon?
¿Onde aloxarse?
¿Quen son os membros do equipo organizador?
¿Quen son os invitados de honra?
¿Cal é o programa de actos?
Concurso Domingo Santos 2.005 (Español)
I Informe de progresos
II Informe de progresos
III Informe de progresos
IV Informe de progresos
Selección de lingua

¿Quen son os invitados de honra?

Laura Gallego García Laura Gallego García

Invitada co patrocinio da Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror (AEFCFT)

Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror

     A pesares da sua xuventude, Laura Gallego García é posiblemente a escritora de literatura de corte fantástico máis exitosa, tanto a nivel de ventas como pola sua ainda incipiente proxección internacional.  As suas novelas véndense por decenas de miles e xa foron ou van ser traducidas a media ducia de idioams.

     O seu despegue tivo lugar no ano 1998, ó obte-lo premio Barco de Vapor coa novela Finis Mundi, convirtíndose ós seus vinteún anos na máis xove gañadora deste prestixioso galardón de literatura xuvenil.  Non deberon equivocarse demasiado os xuices daquela convocatoria, pois nestes momentos, tras trece edicións, leva xa 125.000 exemplares vendidos e foi traducida ó portugués, ó alemán, e ó italiano.  Non é ése o seu único éxito no certamen, xa que voltóu gañalo o ano 2002 con La leyenda del rey errante, igualmente un éxito de ventas que está previsto exportar ó inglés, ó francés, óitaliano e incluso ó coreano.  Nesta mesma colección publicóu tambén, El coleccionista de relojes extraordinarios (2004).

     Desde o ano 1999, e especialmente a partir do 2002, ven publicando dous o tres libros anuais, tocando tódolos xéneros da literatura fantástica, como a ciencia ficción con tintes ciberpunk en Las hijas de Tara (SM, 2002), o terror (La hija de la noche, Edebé, 2005), o misterio histórico (Mandrágora, Pearson/Alhambra, 2003) e, especialmente, a fantasía.

     Aparte de novelas individuais como Retorno a la Isla Blanca (Brief, 2001) ou Alas de fuego (Laberinto, 2005), destaca polas suas series.  La Trilogía de la Torre comenzóu a publicarse (sen que por aquel entón estivera planexada ningunha continuación) o año 2000 na colección El Navegante de SM, coa novela El valle de los lobos.  Anque tardóu un pouco en tomar velocidade, nestos momentos conta xa con nove ediciónes e máis de 50.000 exemplares vendidos, éxito que faise extensible ás dúas continuacións na mesma colección: La maldición del maestro (2002) e La llamada de los muertos (2003).  Toda a triloxía será publicada en breve en Alemania, pola editorial DTV, e no mercado anglosaxón, incluiendo EE.UU., pola editorial Scholastic.

     Nembragantes, o auténtico bombazo chegóu coa publicación da primeira entrega da triloxía das Memorias de Idhún en outubro de 2004.  Este volumen, que leva por título La resistencia, convirtíuse en un fenómeno editorial, con máis de 70.000 ejemplares vendidos en medio ano e unha presencia casi ubicua en calquer centro de venta de libros.  As Memorias de Idhún constitúen unha auténtica epopea que representa un salto cualitativo na carreira de Laura Gallego García.  Este mismo outono, coincidindo coa Ibercon, sairá ó mercado a sua segunda entrega, Tríada, que a bo seguro significará a consolidación da serie como unha das obras máis importantes do fantástico español.

     Ademáis de todo este traballo, Laura Gallego García saca tempo para publicar contos infantís (¿Dónde está Alba?, Max ya no hace reír, Alba tiene un amiga especial y Un fantasma en apuros), terminar a sua tesis en filoloxía hispánica sobor do libro de cabalerías Belianís de Grecia, de Jerónimo Fernández, escribir guións para series de debuxos animados en preparación e viaxar por toda España dando charlas en colexios e institutos, compartindo sua obra e animando ós máis xóvenes á lectura.

     Máis información en: www.lauragallego.com.

Presentación por Sergio Mars

João Barreiros João Barreiros
Invitado co patrocinio de Bibliópolis

     João Barreiros (1952) é licenciado en Filosofía, profesor y traductor.  A súa obra inclúe a antoloxía O caçador de brinquedos e outras histórias (1994) e a novela Terrarium (1996, con Luís Filipe Silva), ademáis dunha ducia de novelas cortas, como as incluídas en A verdadeira invasão dos marcianos (2004), e unha veintena de relatos publicados en diversos medios.  Fundador de Simetria, a asociación portuguesa adicada ó fantástico, recibíu premios en Portugal e Brasil e dirixíu coleccións de ciencia-ficción para as editoriais Gradiva e Clássica.  Actualmente colabora como articulista con Público, Independente, Os Meus Livros e Ler.

Presentación por Bibliópolis